lunes, 30 de abril de 2018
lunes, 23 de abril de 2018
Charla de Angel Carracedo
Ángel Carracedo no IES Fernando
Wirtz
O IES Fernando Wirtz Suárez tivo, o pasado 17 de abril, a fortuna de contar cun dos mellores científicos
do planeta, Ángel Carracedo. Neste mesmo centro púxose ao laboratorio o seu
nome. Despois, Francisco e Sofía, alumnos de 2º de Bacharelato, fixeron unha
presentación en diapositivas coa que o científico só tivo palabras de
agradecemento. Explicounos, coma se fose sinxelo, a xenética, ciencia que non
todos chegaremos a entender. Logo, entramos xa nunha conversa máis persoal;
cando Anxo tiña entre 16 e 18 anos aínda non tiña claro o seu futuro e decidiu
estudar Medicina para contentar aos seus pais. Rematada a carreira de Medicina
dedicouse á pesca furtiva durante 9 meses, onde podería ter vivido decentemente
ao longo da súa vida, mais el tiña outros soños, quería ser, fareiro, o que
levou aos seus irmáns a copiarlle a idea e deixou aos seus pais sorprendidos.
Abandonou a profesión de fareiro, xa que atoparía unha rama da Medicina que lle
convencera: a xenética. Pero como todo na vida, non todos os camiños son
sinxelos; non había a carreira nin en Galicia nin en España, e tivo que emigrar
a Suecia; o seu pai retiroulle a palabra, mais Anxo foi na busca de novas
experiencias e novas metas, e mudouse ao país nórdico. Remata a carreira e,
recén aprobada a lei das probas de paternidade en España, Anxo volve a España
onde pensa gañar moitos cartos, xa que era o único español que sabía facer esas
probas. Finalmente, cando xa foi un home de méritos pasou a formar parte de
casos importantes no ámbito da xenética, tanto nacionais coma internacionais.
Anxo Carracedo, quixo remarcar o gran traballo que ten detrás o seu equipo de
científicos moi ben cualificados.
Esperamos que o pasara ben e que volva o máis pronto posible polo noso
centro.
Ian
Sánchez Otero (4º ESO C)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
I CONCURSO RELATOS CO MEDO NO CORPO
Podedes seguir tamén o I Concurso de Relato Co medo no corpo na conta de Instagram de Dinamizawirtz... View this post on Instagram ...
-
Podedes seguir tamén o I Concurso de Relato Co medo no corpo na conta de Instagram de Dinamizawirtz... View this post on Instagram ...