viernes, 28 de mayo de 2021

Premiados no concurso literario deste ano 2021

Menudos poetas estades feitos! Entre os traballos que mandastes estes dous son os poemas que resultaron gañadores. Parabéns!

Categoría A. Modalidade de Poesía

1º Premio: 

Limbo 


No momento en que as ondas baten ós teus pés

E descoñeces se o recordo permanecerá ancorado

No momento en que a percusión interior deixa de tocar

E non sabes se vai ser posible ou non superalo

En bucle

Días negros e gatos tristes asoman pola ventá

Gatos negros e días tristes, silencio sonoro

Educación da vida

De morte

No instante eterno en que as ilusións florecen

Luz

Na eternidade instantánea das malas noticias

Oscuridade

Pinceis rotos e memorias incoloras, inevitables

Memorias rotas e pinceis incoloros, inexplicables

Realidades utópicas…

Distópicas?

David Tarrío Outeiriño 4º ESO A



2º Premio: 

Matra 


Non me chega o aire ao osíxeno

cando noto o teu perfume cerca.

Un produto alucinóxeno.

Es droga mais ninguén te merca.


Luz escura no teu cuarto

xogamos ás agochadas ata as catro.

Busco os teus ollos de vez en cando.

Podo ir para a rúa mais ti tes o mando.


Fai comigo a que ti queiras.

Estou en Marte mais pendente, cando chegas?

Búscote porque me queima, 

estar sen ti faime sentir unha merda.

Marta Pérez Codesal 4º ESO B





viernes, 14 de mayo de 2021

Día das Letras Galegas 2021

Recordade que o concurso literario remata este martes día 18 de maio, xusto o día despois do das nosas letras. Tedes aínda uns días para mandarnos a vosa creatividade de maneira escrita.


E estes son uns deseños de pegatinas que Teresa Fiaño fixo para esta conmemoración cun verso de Xela Arias, a que son chulas?




viernes, 23 de abril de 2021

Día das Letras Galegas 2021

Este ano o día das letras galegas está adicado a Xela Arias. A alumna Valentina Pamcopia de 4º ESO D deseñou este marabilloso cartel sobre a homenaxeada:
E, co gallo da celebración do día das nosas letras, o Departamento de Galego e o Equipo de Dinamización convocamos o seguinte concurso de narración e poesía:
Tedes as instrucións detalladas e os premios na entrada anterior.

miércoles, 21 de abril de 2021

sábado, 14 de marzo de 2020

Charla sobre mulleres para conmemorar o día da internacional da muller

O martes día 11 de marzo en horario de tarde, África López falounos sobre importantes referentes femininos galegos, que recolle no seu libro "Mulleres que (nos) dan que pensar. Foi unha charla moi amena e o final propúxonos un divertido xogo sobre mulleres.

I CONCURSO RELATOS CO MEDO NO CORPO

Podedes seguir tamén o I Concurso de Relato Co medo no corpo na conta de Instagram de Dinamizawirtz... View this post on Instagram ...