viernes, 28 de mayo de 2021

Premiados no concurso literario deste ano 2021

Menudos poetas estades feitos! Entre os traballos que mandastes estes dous son os poemas que resultaron gañadores. Parabéns!

Categoría A. Modalidade de Poesía

1º Premio: 

Limbo 


No momento en que as ondas baten ós teus pés

E descoñeces se o recordo permanecerá ancorado

No momento en que a percusión interior deixa de tocar

E non sabes se vai ser posible ou non superalo

En bucle

Días negros e gatos tristes asoman pola ventá

Gatos negros e días tristes, silencio sonoro

Educación da vida

De morte

No instante eterno en que as ilusións florecen

Luz

Na eternidade instantánea das malas noticias

Oscuridade

Pinceis rotos e memorias incoloras, inevitables

Memorias rotas e pinceis incoloros, inexplicables

Realidades utópicas…

Distópicas?

David Tarrío Outeiriño 4º ESO A



2º Premio: 

Matra 


Non me chega o aire ao osíxeno

cando noto o teu perfume cerca.

Un produto alucinóxeno.

Es droga mais ninguén te merca.


Luz escura no teu cuarto

xogamos ás agochadas ata as catro.

Busco os teus ollos de vez en cando.

Podo ir para a rúa mais ti tes o mando.


Fai comigo a que ti queiras.

Estou en Marte mais pendente, cando chegas?

Búscote porque me queima, 

estar sen ti faime sentir unha merda.

Marta Pérez Codesal 4º ESO B





No hay comentarios:

Publicar un comentario

PORTUGUÉS, AMOR Á PRIMEIRA VISTA