viernes, 28 de mayo de 2021

Premiados no concurso literario deste ano 2021

Menudos poetas estades feitos! Entre os traballos que mandastes estes dous son os poemas que resultaron gañadores. Parabéns!

Categoría A. Modalidade de Poesía

1º Premio: 

Limbo 


No momento en que as ondas baten ós teus pés

E descoñeces se o recordo permanecerá ancorado

No momento en que a percusión interior deixa de tocar

E non sabes se vai ser posible ou non superalo

En bucle

Días negros e gatos tristes asoman pola ventá

Gatos negros e días tristes, silencio sonoro

Educación da vida

De morte

No instante eterno en que as ilusións florecen

Luz

Na eternidade instantánea das malas noticias

Oscuridade

Pinceis rotos e memorias incoloras, inevitables

Memorias rotas e pinceis incoloros, inexplicables

Realidades utópicas…

Distópicas?

David Tarrío Outeiriño 4º ESO A



2º Premio: 

Matra 


Non me chega o aire ao osíxeno

cando noto o teu perfume cerca.

Un produto alucinóxeno.

Es droga mais ninguén te merca.


Luz escura no teu cuarto

xogamos ás agochadas ata as catro.

Busco os teus ollos de vez en cando.

Podo ir para a rúa mais ti tes o mando.


Fai comigo a que ti queiras.

Estou en Marte mais pendente, cando chegas?

Búscote porque me queima, 

estar sen ti faime sentir unha merda.

Marta Pérez Codesal 4º ESO B





viernes, 14 de mayo de 2021

Día das Letras Galegas 2021

Recordade que o concurso literario remata este martes día 18 de maio, xusto o día despois do das nosas letras. Tedes aínda uns días para mandarnos a vosa creatividade de maneira escrita.


E estes son uns deseños de pegatinas que Teresa Fiaño fixo para esta conmemoración cun verso de Xela Arias, a que son chulas?




viernes, 23 de abril de 2021

Día das Letras Galegas 2021

Este ano o día das letras galegas está adicado a Xela Arias. A alumna Valentina Pamcopia de 4º ESO D deseñou este marabilloso cartel sobre a homenaxeada:
E, co gallo da celebración do día das nosas letras, o Departamento de Galego e o Equipo de Dinamización convocamos o seguinte concurso de narración e poesía:
Tedes as instrucións detalladas e os premios na entrada anterior.

miércoles, 21 de abril de 2021

sábado, 14 de marzo de 2020

Charla sobre mulleres para conmemorar o día da internacional da muller

O martes día 11 de marzo en horario de tarde, África López falounos sobre importantes referentes femininos galegos, que recolle no seu libro "Mulleres que (nos) dan que pensar. Foi unha charla moi amena e o final propúxonos un divertido xogo sobre mulleres.

lunes, 9 de marzo de 2020

Charla sobre mulleres galegas na historia

Este martes pola tarde teremos unha charla con África López Souto para 3º e 4º da ESO. Nela falaranos de importantes referentes femininos galegos ao longo da historia, cuxas vidas recolle no seu libro "Mulleres que (nos) dan que pensar".
Cartel da Charla

lunes, 6 de mayo de 2019

Correlingua 2019

Aquí tedes uns vídeos das alumnas e alumnos de 1º da ESO que celebraron o Correlingua deste ano. 


Este ano o lema foi "O galego é a fórmula".

jueves, 28 de marzo de 2019

Gañadoras do concurso de deseño de camisetas

Debido á grande cantidade e calidade dos traballos elaborados polos alumnos de primeiro da ESO para o concurso de deseño da camiseta que luciremos no próximo Correlingua, o xurado tivo que pasar longas horas deliberando para chegar ó veredito final, pero, ó fin, os deseños que resultaron gañadores, ex aequo, foron os seguintes:

Yoskaira Krisbel López Morillo (1º ESO A)


Lydia García López (1º ESO B)


Parabéns para as gañadoras, e para os que imos levar estes bonitos deseños nas nosas camisetas!!!

miércoles, 13 de marzo de 2019

jueves, 28 de febrero de 2019

Día de Rosalía 2019

O venres 22 de febreiro fixemos un recital poético temático sobre Rosalía no que participaron un grande número de alumnas e alumnos, e algún que outro profe.

Aquí tedes un pequeno vídeo con varios momentos do evento.


domingo, 20 de mayo de 2018

Día das Letras Galegas

Co gallo das Letras Galegas, o 18 de maio convocamos un acto no Salón de Actos do instituto, no que se entregaron os premios dos concursos literarios realizados durante todo o curso. Asemade, lembramos todas as actividades previas que se fixeran en torno a esta celebración: o Correlingua, o obradoiro de "Poesía+Grafitti" de Dores Tembrás e, por suposto, os homenaxes a María Victoria Moreno. No seguinte vídeo podedes ver unha mostra de todo isto:







lunes, 23 de abril de 2018

Charla de Angel Carracedo


Ángel Carracedo no IES Fernando Wirtz

O IES Fernando Wirtz Suárez tivo, o pasado 17 de abril, a  fortuna de contar cun dos mellores científicos do planeta, Ángel Carracedo. Neste mesmo centro púxose ao laboratorio o seu nome. Despois, Francisco e Sofía, alumnos de 2º de Bacharelato, fixeron unha presentación en diapositivas coa que o científico só tivo palabras de agradecemento. Explicounos, coma se fose sinxelo, a xenética, ciencia que non todos chegaremos a entender. Logo, entramos xa nunha conversa máis persoal; cando Anxo tiña entre 16 e 18 anos aínda non tiña claro o seu futuro e decidiu estudar Medicina para contentar aos seus pais. Rematada a carreira de Medicina dedicouse á pesca furtiva durante 9 meses, onde podería ter vivido decentemente ao longo da súa vida, mais el tiña outros soños, quería ser, fareiro, o que levou aos seus irmáns a copiarlle a idea e deixou aos seus pais sorprendidos. Abandonou a profesión de fareiro, xa que atoparía unha rama da Medicina que lle convencera: a xenética. Pero como todo na vida, non todos os camiños son sinxelos; non había a carreira nin en Galicia nin en España, e tivo que emigrar a Suecia; o seu pai retiroulle a palabra, mais Anxo foi na busca de novas experiencias e novas metas, e mudouse ao país nórdico. Remata a carreira e, recén aprobada a lei das probas de paternidade en España, Anxo volve a España onde pensa gañar moitos cartos, xa que era o único español que sabía facer esas probas. Finalmente, cando xa foi un home de méritos pasou a formar parte de casos importantes no ámbito da xenética, tanto nacionais coma internacionais. Anxo Carracedo, quixo remarcar o gran traballo que ten detrás o seu equipo de científicos moi ben cualificados.
Esperamos que o pasara ben e que volva o máis pronto posible polo noso centro.

                                                                                               Ian Sánchez Otero (4º ESO C)








jueves, 1 de marzo de 2018

Recopilación de Imaxes e Vídeos do Recital do Día de Rosalía

Aquí vos deixamos unha selección de fotos e vídeos dos participantes na celebración do día de Rosalía. Moitas grazas pola vosa colaboración.











viernes, 23 de febrero de 2018

Día de Rosalía

O venres 23 de febreiro fixemos un recital no instituto con algúns dos poemas máis representativos da obra de Rosalía de Castro. Nel participaron tanto alumnado como profesorado do centro. No seguinte vídeo podedes ver unha montaxe dos textos seleccionados e debuxos feitos polos alumnos participantes.


I CONCURSO RELATOS CO MEDO NO CORPO

Podedes seguir tamén o I Concurso de Relato Co medo no corpo na conta de Instagram de Dinamizawirtz... View this post on Instagram ...