jueves, 28 de marzo de 2019

Gañadoras do concurso de deseño de camisetas

Debido á grande cantidade e calidade dos traballos elaborados polos alumnos de primeiro da ESO para o concurso de deseño da camiseta que luciremos no próximo Correlingua, o xurado tivo que pasar longas horas deliberando para chegar ó veredito final, pero, ó fin, os deseños que resultaron gañadores, ex aequo, foron os seguintes:

Yoskaira Krisbel López Morillo (1º ESO A)


Lydia García López (1º ESO B)


Parabéns para as gañadoras, e para os que imos levar estes bonitos deseños nas nosas camisetas!!!

miércoles, 13 de marzo de 2019

jueves, 28 de febrero de 2019

Día de Rosalía 2019

O venres 22 de febreiro fixemos un recital poético temático sobre Rosalía no que participaron un grande número de alumnas e alumnos, e algún que outro profe.

Aquí tedes un pequeno vídeo con varios momentos do evento.


domingo, 20 de mayo de 2018

Día das Letras Galegas

Co gallo das Letras Galegas, o 18 de maio convocamos un acto no Salón de Actos do instituto, no que se entregaron os premios dos concursos literarios realizados durante todo o curso. Asemade, lembramos todas as actividades previas que se fixeran en torno a esta celebración: o Correlingua, o obradoiro de "Poesía+Grafitti" de Dores Tembrás e, por suposto, os homenaxes a María Victoria Moreno. No seguinte vídeo podedes ver unha mostra de todo isto:







lunes, 23 de abril de 2018

Charla de Angel Carracedo


Ángel Carracedo no IES Fernando Wirtz

O IES Fernando Wirtz Suárez tivo, o pasado 17 de abril, a  fortuna de contar cun dos mellores científicos do planeta, Ángel Carracedo. Neste mesmo centro púxose ao laboratorio o seu nome. Despois, Francisco e Sofía, alumnos de 2º de Bacharelato, fixeron unha presentación en diapositivas coa que o científico só tivo palabras de agradecemento. Explicounos, coma se fose sinxelo, a xenética, ciencia que non todos chegaremos a entender. Logo, entramos xa nunha conversa máis persoal; cando Anxo tiña entre 16 e 18 anos aínda non tiña claro o seu futuro e decidiu estudar Medicina para contentar aos seus pais. Rematada a carreira de Medicina dedicouse á pesca furtiva durante 9 meses, onde podería ter vivido decentemente ao longo da súa vida, mais el tiña outros soños, quería ser, fareiro, o que levou aos seus irmáns a copiarlle a idea e deixou aos seus pais sorprendidos. Abandonou a profesión de fareiro, xa que atoparía unha rama da Medicina que lle convencera: a xenética. Pero como todo na vida, non todos os camiños son sinxelos; non había a carreira nin en Galicia nin en España, e tivo que emigrar a Suecia; o seu pai retiroulle a palabra, mais Anxo foi na busca de novas experiencias e novas metas, e mudouse ao país nórdico. Remata a carreira e, recén aprobada a lei das probas de paternidade en España, Anxo volve a España onde pensa gañar moitos cartos, xa que era o único español que sabía facer esas probas. Finalmente, cando xa foi un home de méritos pasou a formar parte de casos importantes no ámbito da xenética, tanto nacionais coma internacionais. Anxo Carracedo, quixo remarcar o gran traballo que ten detrás o seu equipo de científicos moi ben cualificados.
Esperamos que o pasara ben e que volva o máis pronto posible polo noso centro.

                                                                                               Ian Sánchez Otero (4º ESO C)








jueves, 1 de marzo de 2018

Recopilación de Imaxes e Vídeos do Recital do Día de Rosalía

Aquí vos deixamos unha selección de fotos e vídeos dos participantes na celebración do día de Rosalía. Moitas grazas pola vosa colaboración.











I CONCURSO RELATOS CO MEDO NO CORPO

Podedes seguir tamén o I Concurso de Relato Co medo no corpo na conta de Instagram de Dinamizawirtz... View this post on Instagram ...